martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Benditas viaxes en globo

FUN SEMPRE moi crítica coa xestión turística da Ribeira Sacra. Sempre vin o consorcio de turismo coma un ente en exceso politizado, moi amigo do café para todos e que non era quen de superar o minifundismo municipal, pero algo está cambiando, polo menos en canto á promoción se refire. Hai cousas que funcionan. Poño coma exemplo as viaxes en globo, que teño seguro que se esgotarán en poucos días. A primeira vez que se plantexou a idea parecía unha tolemia, pero bendita tolemia ver os canón do Sil e o Miño dende o aire. Igual o problema é ese sentimento de inferioridade que levamos no ADN e só había que dar o paso e pensar ao grande.

Benditas viaxes en globo
Comentarios