Opinión

Anuncios sospeitosos

HAI UNS días o consorcio de turismo aireou que a Xunta non daba por válido o informe feito polo Valedor do Pobo para preparar a candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada BIC e despois presentarse ante a Unesco e conseguir o título de Patrimonio da Humanidade. Ao parecer o documento é incompleto e non está ben xustificado. O comunicado do consorcio foi un xarro de auga fría e o propio ente matizou despois que había partes do documento aproveitables. Foi moi sospeitosa a premura do consorcio por dar conta dun tema que lles competía a outras dúas administracións. Haberá que ver o que trae detrás a manobra.

Comentarios