Opinión

A ganancia dos pescadores

SOSTÉN A alcaldesa de Sarria que a división interna no PP pode beneficiala ao ser un obstáculo para dar o paso dunha moción de censura. «A río revolto, ganancia de pescadores», afirma Pilar López. E razón non lle falta. Mais a delicada situación do seu goberno non só vén determinada pola ameaza de moción. A alianza nos plenos entre os grupos da oposición pode lastrar a acción do bipartito, o que esixe capacidade de negociación pola súa parte se pretende sacar proxectos importantes e non só sobrevivir no día a día vendo como outros se pelexan. Vamos que, seguindo co seu símil, non é o mesmo pescar unha troita pequena que levarse o ‘campanu’.

Comentarios