Opinión

E se poñemos árbores?

AS ÁRBORES humanizan as rúas, fan máis agradables as vilas e cumpren unha función medioambiental. Malia iso, a mal chamada modernidade acabou por impoñer moitas veces o gris do cemento ao verde da natureza. En Sarria, o arquitecto Valerio González púxolle cara á problemática levando ás redes sociais dúas imaxes dunha das principais rúas da vila, no seu estado actual e co aspecto que presentaría no caso de ter árbores. Nin que dicir ten cal mereceu o aplauso dos cidadáns. Non estaría de máis que algún responsable tomase boa nota para facer realidade este xeito de entender o urbanismo e impedir que quede nun simple «me gusta».

Comentarios