Opinión

Ceas de Nadal

HAI UNS días, por razóns de traballo, percorrín en Sarria nunha mesma noite tres ceas de Nadal do máis variado. Estiven na xuntanza da asociación xuvenil Xaora e o que se respiraba era política, toda unha exhibición ao servizo dos intereses presidencialistas do popular
Manuel Sangil. Pasei pola cea de Inelcom e o que prevalecía era emprego, o que xenera a maior compañía da comarca, con 360 persoas en nómina. E rematei na xuntanza do Concello de Sarria, onde asomaba un discurso contraditorio, que tanto sostén que non hai fondos nas arcas municipais como destina cartos públicos a unha comida de traballadores e políticos.

Comentarios