martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Xente que fai país

A morte sorprendeu estes días, nun moi curto intervalo de tempo, ao catedrático Luis Caramés (en Lugo a fin de semana, logo dun accidente cardiovascular) e ao empresario e intelectual galeguista Alfonso Paz-Andrade (en Gondomar o pasado luns, nun sinistro de tráfico). O primeiro tiña 72 anos e o segundo 80. Ambos mantiñan un forte compromiso con Galicia e o seu desenvolvemento. O polifacético Caramés, destacado economista e profesor de varias xeracións de galegos nese eido, deixa un importante legado, ao igual que o fillo de Valentín Paz Andrade, que amais de ser un empresario de referencia (Pescanova, Ibercisa) era un home moi vencellado á cultura do noso país e editor da revista Industrias Pesqueras. Que a terra lles sexa leve a ámbolos dous.

Xente que fai país
Comentarios