Opinión

De Arcadia Feliz a empresa sen alma

De entrada, pídoche desculpas por chamar Arcadia Feliz ao teu lugar de traballo nos bos tempos. Hai que recoñecer que é unha auténtica sorte acudir a traballar cada día cun sorriso e que considerases que os teus primeiros anos na empresa estiveran cheos de ilusión, desenvolvemento e crecemento. Sendo así, era evidente que a túa carreira profesional fose unha parte esencial da túa vida e da túa felicidade como persoa. Pero, de súpeto, sen saber moi ben por que todo empezou a cambiar! O Estado español con goberno da dereita empezou a dicir que tiña que vender as empresas publicas, e así, por catro dólares tocouche pertencer a unha multinacional.

Non sabes se foi consecuencia da maldita crise, de que as vendas xa non ían tan ben como antes, da presión da multinacional á que pertenciades… ou que todo o mundo volveuse tolo de súpeto! Empezáronse a abrir proxectos para "mellorar a produtividade e reducir custos». Houbo varios deles. "As cousas non ían ben, e que había que apretar o cinto e que o Estado español tiña que dar máis subvencións". Non te deche conta que esas subencións viñan dos teus impostos e de gastalos en regaliños á multinacional, dalgún sitio había que restalos", Quizáis da sanidade e educación?

Despois aparecían uns señores ben traxeados, os consultores externos, que con amplos sorrisos pedíanvos transparencia… que terían que entrevistarse convosco… e que a dirección lles pedira 'celeridade nas actuacións'. Máis tarde soubeches que adoitaban cobrar unha parte proporcional dos custos que conseguisen aforrar á empresa. Pero, "desde cando uns tipos que non saben nada de nós conseguen aforrar custos en 6 meses, sen que a organización se resinta?", pensabas para ti, sen atreverte a dicirllo a ninguén.

O curioso e que a túa empresa non investía un euro en modernización e seguía a pedir máis subencións co apoio dos sindicatos do momento, que nunca dicían que a empresa non investía nada de nada. A xente volveuse máis retraída, xa non sorría, e xa non se relacionaba nin tanto nin da mesma forma uns cos outros. En ocasións pasaban días e días sen que vos dirixise nin unha palabra. Estaban como ausente. E ti empezaches a botar de menos aquela Arcadia Feliz.

A 'crise' de Alcoa, empresa multinacional, que ante a evolución do mercado mundial do aluminio e os seus derivados, e a incerta continuidade da política de subvencións públicas xenerosas e seguras, decidiu pechar as factorías de Avilés e A Coruña e ahora Aluminio de San Ciprián deixando sen traballo a máis de 1.200 traballadores de forma directa, conforma unha nova edición da historia interminable da voracidade e o cinismo capitalista. Eu diría máis, das multinacionais sen alma.

Nos motivos aducidos pola dirección da multinacional para o seu peche sen apelación posible hai unha mistura de feitos e datos diversos, nos que é imprescindible discriminar o real do fiticio, a fraude e o roubo, do obxectivo da lóxica do capital, a miopía dos diversos actores do drama, das intencións efectivas dos mesmos e o seu proceder en todo este tempo. No fragor da loita desatada polos traballadores da fabrica, da solidariedade da poboación traballadora manifestada de moi diversos modos, das declaracións políticas de institucións e grupos políticos, diálogos e negociacións varios e, en definitiva, da alarma e urxencia por evitar o desastre anunciado, pódese xerar unha densa brétema que non deixe ver a responsabilidade dos personaxes do drama e dificulte a correcta avaliación das apreciacións da situación e alternativas en confrontación aberta.

Pechar filas na loita é incuestionable, confundir as diferentes posicións políticas inxustificables. Vexamos o drama na súa representación real:

Ano 1998, Aznar presidente, Alcoa comprou a empresa pública Inespal, unha vez saneada financeiramente e despois de investimentos que a deixan limpa e aseada para o novo propietario. Alcoa debía pagar 383 millóns de euros pola compra da empresa. Ademais comprometíase a manter durante 10 anos o emprego existente, realizar investimentos por un total de 390 millóns de euros, co obxectivo de incrementar a actividade, desenvolver novos produtos, realizar adaptacións á normativa ambiental e manter o emprego. O Estado, antes da venda a Alcoa e de maneira sostida desde 1990, realizou investimentos e efectuou un saneamento financeiro por un valor de 587 millóns de euros, dos que 437 desembolsáronse nos dous anos previos á privatización. Como resultado do esforzo realizado, xérase un custo financeiro de 187 millóns de euros a descontar do prezo de venda. Ademais indemnízase por 9 millóns de euros aos accionistas minoritarios da antiga Inespal. Posteriormente, a multinacional efectúa reclamacións diversas (relacionadas co custo enerxético algún delas) que supón que o Estado solte 93 millóns de euros extras. Esta é a historia da venta do grupo de empresas do aluminio en España polos señores Aznar e Rato. Outro dia falarenmos dos anos que Alcoa as exprimeu eficazmente.

Sempre cos traballadores desas empresas, nunca con empresas sen alma.

Comentarios