Opinión

Que pensaría miña avoa?

HAI TEMPO, cando aínda era un rapaz (xa sei que aparento pouco máis de vinte, pero iso é grazas a non comer cadáveres de animais), levar os pantalóns rotos era unha especie de rebeldía xuvenil e custábame tempo luír a prenda ata rachala polos xeonllos. Ao pouco empezáronse a vender xa rotos e pasou a ser unha moda máis e que me aforrou o traballo de ter que rachalos eu. E lembro como miña avoa insistía sempre en que llos deixase para remendalos. Agora Ralph Lauren deu unha volta de torca e está a vender un mono manchado con gotas de pintura —por 690 euros!— e aínda haberá algún fato que o compre. Que pensaría miña avoa se lle chego a aparecer cun pantalón todo cocho de pintura pola casa?

Comentarios