Opinión

Reconciliar

Sumar. Lembrar. Só o esquenzo fai que morramos. Lembrar os nosos.  Tamén os outros. Nós e eles. Eles e nós. Todos xuntos. Porque unha vez estivemos xuntos. E agora quermos  e debemos seguir xuntos. En San Amaro por vez primeiro o estivemos. Valentín García, un dos activos máis grandes, bó e xeneroso onde os haia, depositou unha coroa de frores na tumba de Alexandre Bóveda. O Alexandre  de tódolos.  Porque 86 anos después non hai, nin pode haber divisións  e fraturas. Facelo sería  novamente caer na aberración daquel terribel  asasinato.
A Xunta estivo presente. Sempre debeu ser así e a partires de agora o será.

A infamia só recae nos verdugos. Dun e docutor bando porque a barbarie estivo presente a carón dunha tolemia coletiva que nos arrastrou o peor da condición humán,  a banalidade do mal arendtiano.

O asasinato, a loucura, a represión e a denuncia inxusta andiveron prestos  e solícitos. Amar a Galicia tiña un prezo de morte e terror. Atopa-las sendas da autonomía e a libertade ou denunciar o secular atraso do país,  un veredito: a morte, a cadea ou chumbo.
Fixéronse atrocidades, masacres, asasinatos sin motivo algún.  Aprastouse toda disidencia. Non houbo prisoeiros, só fusilados. No medio da noite e o enmeigallo da miseria moral dun pobo empeñado en destruirse. E malia que se destruiu hoxe lembramos as vítimas. O seu exempro e compromiso cas xentes do país e a cultura.  Reviven  e rexorden. 

Por eso era importante esta ofrenda do Valentín  e con ela da Xunta porque é o de toda Galicia xunta nunca aperta de fraternidade e honor. Na honra das vítimas, todas, busquemo-lo futuro xuntos.

Comentarios