Opinión

O país das mil festas

Cando escribo estas liñas estamos no derradeiro día das festas patronais en Monforte de Lemos

EN CADA recuncho do país arde Galicia en festas. Cada vila, cada cidade celebra o longo deste mes as súas festas. Sempre unha festividade no calendario con certo símbolo relixioso na maioría dos casos arredor do cal os concellos articulan a festa. En Galicia a festa é algo máis co rebumbio animado de xolgorio e algarabía. Significa algo máis, é xuntanza, dos que non están o longo do ano, é xuntanza da familia, a meirande parte das vegadas, desperdigada por España ou por outros países, pero é, por riba de todo, voltar a orixe, alí onde as raigames propias nos vertebraron, cos fixeron persoas, é voltar o lar, as rúas, as veigas onde nos socializamos dende cativos. É un recontro físico mais tamén espiritual. Os que o ser humán precisa, require. En tempos onde todo se devalúa, en tempos onde o superfluo e o relativismo vougo gaña cada vez máis simpatizantes e xiareiros, voltar a terra, é voltar a nós mesmos, a fonte limpa, a cova da auga da que un día todos bebimos.

Poden ser mil ou se se quer dez mil, pero son as festas. O rencontro. O vínculo. A familia. Os amigos. Ese alto que é necesario faguer no camiño da vida, no bruido de todo un ano onde somos máis dados a perdermonos no cotiá e superficial, que no existencial i esencial. Non hai vila no interior, nas aldeas, nas parroquias, na costa, nas capitales que estes días non vivan a ledicia da festa. Porque a festa é ledicia, é xolgorio, é música, é e son risotadas. As que fallan as máis das veces cando nos ateigamos do que en verdade ten pouco ou escaso valor. A mágoa é que tamén esas festas, eses rencontros os protagonistas xa non son maioritariamente os máis novos. Cando os avós xa non están vanse perdendo as veas da familia, da amizade, da necesidade de voltar a orixe. Eso estase a perder, devalúase.

Somos país e pobo cun sentido traxicómico da vida e da morte que nos fai únicos, irrepetibles, cos nosos defetos e nosas virtudes. Non somos ni mellores ni piores cos demáis. Somos nós, galegos, un forma de ser, de vivir, de sentir e de afronta-la vida. Cun sentido de pertenza que poucos teñen. Cun sentido e orgulo de ser e sentir coma poucos. Non o perdamos, porque ese día finamos un pouco todos nós.

Cando escribo estas liñas estamos no derradeiro día das festas patronais en Monforte de Lemos. Como cada ano, milleiros de monfortinos e non monfortinos pero cun nexo que nos xungue a cidade, voltamos. Camiñamos polas súas rúas, pisamos as vellas pedras, ulimos ese recendo único desta cidade e a súa impresionante e non menor maxestuosa beleza da bisbarra, a Ribeira Sacra. Sentimos de novo aquel aroma da infancia. Aquelas rúas hoxe de asfalto e outrora de pó e pedra. Vemos os nosos amigos, hoxe homes e mulleres que xa son pais ou avós, e botamos moitísimos de menos, con certa anguria no peito, os que xa non están pero que somos parte deles i eles de nós. Sí, esta é a Galicia das mil festas, a nosa, a nosa nai e señora tamén. A mesma, coma esa Virxe que todos abendoamos nas nosas festas onde persoa e tradición, relixión e algarabía conviven, amén de boa gastronomía.

Comentarios