Opinión

Terceira trompada

O CRÉDITO gañado nos gobernos de Aznar como vicepresidente económico durante oito anos foino perdendo a base de grandes trompadas. A terceira que bateu contra Rato foi agora a investigación por branqueo de cartos coa regulación fiscal emprendida por un ministro que fora compañeiro seu de gabinete. O primeiro moquetón que recibiu o outrora todopoderoso político foi como consecuencia do seu paso polo FMI ao xestionalo desde a autocompracencia e non atisbar a maior crise financeira dos últimos oitenta anos, e a segunda e aínda máis contundente chegou coa súa presidencia de Caja Madrid e Bankia, unha entidade entrampullada que acabou rescatada e controlada polo Estado e que exemplificou os excesos económicos con diñeiro público. Tropelía tamén foi a amnistía pola que se puideron adaptar á legalidade miles de millóns, entre eles algúns de Rato. De mal en peor.

Comentarios