Vídeos

Lugo instala unha estatua de Castelao na Rúa da Raíña

O Concello de Lugo levou a cabo este mércores a instalación dunha estatua en homenaxe á figura de Castelao, con motivo do centenario da Revista Nós.

A estatua dedicada a Castelao foi colocada ao principio da Rúa da Raiña, fronte ao Hotel Méndez Núñez. A localización do monumento, segundo explicou o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, foi elixida porque "se trata do lugar onde se celebrou a cea posterior á I Asemblea Nacionalista de Lugo, en 1918, na que Castelao estivo presente".

[VÍDEO: XESÚS PONTE]

Comentarios