Vídeos

A conversa entre unha nena galega e Siri viralízase en redes sociais

Non sabemos se Moraima, unha nena galega de tres anos, o sabe, pero nas últimas horas converteuse nun fenómeno nas redes sociais pola súa conversa con Siri, o asistente persoal de Apple.

A rapaza conversa en galego con Siri, nun principio para pedirlle que lle axude a recoller os xoguetes, pero o diálogo continúa por outra vía.

O "creo que no entiendo" do asistente persoal non convence a Moraima, que lle responde con sinceridade, "porque eu falo en galego, sabes Siri?"