Sarria

José Manuel Mato deixa a alcaldía de Paradela logo de case 45 anos

O decano dos alcaldes da provincia de Lugo, José Manuel Mato, deixou esta mañá o sillón de mando que ocupou durante case 45 anos nun pleno no que se amosou emocionado e no que proclamou o seu amor por Paradela. O rexedor, con 12 maiorías absolutas, será o número 5 da lista do PP á Xunta, nunha nova etapa política na que prometeu traballar "co mesmo ahínco e ilusión que cando tiña 24 anos" e accedeu por primeira vez á alcaldía.
Comentarios