sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Sarria

O colectivo Mulleres de Raíz denuncia as agresións machistas en Sarria

A sociedade sarriá saíu de novo este martes á rúa para amosar a súa enérxica condena ás agresións machistas despois de que dúas menores de idade fosen vítimas de delitos sexuais presuntamente cometidos por dous veciños duns 14 anos. Estes feitos, acontecidos na noite do 24 ao 25, veñen sumarse ás lesións e intento de violación que sufriu outra muller días atrás nas Aceas, polo que fora detido e posto en liberdade con medidas cautelares un mozo de 23 anos.

Polos últimos casos, acontecidos coincidindo cun botellón no Chanto, os presuntos agresores prestaron declaración este luns na Fiscalía de Menores que, segundo diversas informacións, acordou liberdade vixiada para eles con medidas de alonxamento e non comunicación coas vítimas.

Como repulsa a estes ataques machistas, o colectivo feminista Mulleres de Raíz convocou unha concentración.

Vídeo: DAMIÁN MARTÍNEZ