Ribeira Sacra

A cultura galega mobilízase pola defensa do transporte do colexio do Courel

Preto de 60 persoas do mundo da cultura galega protagonizan un vídeo en apoio á ANPA do CPI Uxío Novoneyra do Courel. O obxectivo é a defensa do servizo de transporte ao centro que viña funcionando con normalidade. Os pais están a esixir un compromiso por parte da Consellería de Educación mediante o cal O Courel poida manter un sistema de transporte similar ao actual.
Comentarios