Lugo

Protesta en Lugo contra os despedimentos no BBVA

O rexeitamento aos despedimentos anunciados polo BBVA levou varias ducias de persoas a concentrarse este mércores ante a oficina principal da entidade en Lugo, na Rúa da Raíña. O acto estaba convocado polos principais sindicatos, para protestar contra o Ere anunciado polo banco para precindir de preto de 3.800 traballadores en España, máis dun cento en Galicia, e, deles, nove en Lugo. O plan da entidade inclúe o peche de 22 oficinas, cinco delas na provincia de Lugo. Para este mércores tamén estaban convocadas concentracións noutras cidades galegas.

VÍDEO: XESÚS PONTE

Comentarios