Lugo

Personalidades da cultura reclaman a apertura do novo auditorio de Lugo

Distintas personalidades da cultura reclaman a través dun vídeo a apertura do novo auditorio municipal de Lugo. A campaña lánzase coa lema #AuditorioXa.

No vídeo participan Amistades Perigosas, Xulio Xiz, Alejandro Cortiñas e Gabriel Fernández.

O edificio da avenida de Magoi, xa concluído, aínda non ten data para a súa posta en marcha. Foi construído pola Xunta de Galicia e terminado no 2016, aínda que en 2020 entregouse ao Concello, que traballa para abrir as instalacións proximamente.

Comentarios