Lugo

Lugo subliña o papel estratéxico da madeira

Un expositor da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira en Lugo levou este luns á Praza Maior a celebración do Día Mundial dos Bosques, ante o que o Concello enxalzou o papel estratéxico da madeira para a economía sustentable e o conselleiro do Medio Rural salientou a potencia e o dinamismo do sector forestal galego. Galicia, unha terra con máis de dous millóns de hectáreas de monte, é lider a nivel estatal en certificación forestal. 

VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ

Comentarios