Lugo

Galería | Búscate nas fotos de 'Eu si merco en Lugo'

Centos de persoas participaron na campaña Eu si merco en Lugo para fomentar as compras no comercio da capital lucense. A iniciativa consistía en facerse unha fotografía na furgoneta clásica que se atopaba nun lateral da casa do concello, na Praza Maior. O único requisito que debían cumprir os participantes era que portasen unha factura dunha compra que realizasen en calquera tipo de establecemento da capital lucense.

As Termas foi un dos patrocinadores desta iniciativa promovida polo Grupo El Progreso, xunto co Concello de Lugo, a Deputación Provincial,  Caixa Rural Galega e a axencia de deseño e imprenta dixital Boaprint.

Comentarios