Lugo

Baile na Praza Maior polo Día das Letras Galegas

Os máis pequenos foron os encargados na mañá deste venres 17 de maio de encher coa alegría da música e o baile tradicional galego a praza maior de Lugo. Un cento de alumnos dos colexios de Anexa, Menéndez Pelayo, Illa Verde, Luis Pimentel, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón; así como rapaces de Aspnais, estiveron acompañados polas pandereteiras da Escola Municipal de Música de Lugo. VÍDEO: XESÚS PONTE

Comentarios