Lugo

Así será o novo transporte público de Lugo

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, explica neste vídeo o novo modelo de transporte público de Lugo, que entrará en funcionamento nas vindeiras semanas. O servizo contará con 22 liñas, seis das cales terán unha función "vertebral". Así, haberá catro grandes liñas para conectar as zonas norte e sur da cidade e otras dúas para enlaza este e oeste da capital.

O responsable de Mobilidade destaca as conexións das distintas zonas, como o eixo norte-sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos. 

A unión do Campus con Fontiñas terá unha frecuencia de 30 minutos, e contará con catro liñas realizando esta conexión. A unión da cidade co entorno da Uned terá unha frecuencia de 30 minutos.

O Hula tamén gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo.

Comentarios