España

Greenpeace esixe na Gran Vía de Madrid que Sánchez peche as macrogranxas

Escaladores de Greenpeace están a descolgarse sobre unha lona despregada nos últimos días na rúa de Gran Vía de Madrid que denunciaba o negacionismo das macrogranxas co eslogan Las macrogranjas no existen.

Así, os activistas están "troleando" a súa propia pancarta para esixir ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que peche todas estas instalacións de gandería industrial que existen en España. En concreto, os tres escaladores están a facer un grafiti sobre a lona que Greenpeace colocou o pasado martes para esixir o peche das macrogranxas.

Precisamente, a ONG leva anos denunciando este modelo de gandería industrial polo seu impacto sobre o medio ambiente, a saúde humana e o benestar animal.

A campaña realízase tras o debate suscitado nas últimas semanas a partir das declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón ao diario británico The Guardian nas que valoraba que a carne que exporta España non é de boa calidade.

A lona levaba o eslogan Las macrogranjas no existen, unha frase que se escoitou nestas semanas de discusión política e este xoves completou a frase con "pero pechádeas xa" porque a ONG considera que "non é momento de facer da gandería intensiva unha arma electoral" senón de tomar as medidas necesarias para acabar co seu devastador impacto.

TEXTO: Europa Press

Comentarios