El progreso TV

As Pontes homenaxea Antón Ferreiro

O pobo das Pontes brindoulle este venres unha homenaxe a Antón Ferreiro, impulsor da Irmandade Lesneven-As Pontes e autor dun inmenso arquivo fotográfico da historia cultural, social e deportiva da vila.

Familiares e amigos do homenaxeado estiveron arroupados por ducias de veciños, nun acto ao que tamén asistiron representantes de diversas asociacións culturais e deportivas, coas que Ferreiro, falecido o pasado ano, colaborou durante décadas.

[VÍDEO DE MARTA MANCEBO]

Comentarios