sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

DEPORTE LOCAL LUGO

Jaime Seoane, na súa presentación co Lugo: "Este é un bo sitio para ter minutos e crecer"

O novo xogador do CD Lugo, Luís Seoane, mostrouse este mércores na súa presentación "moi contento" de incorporarse a un equipo que, ao seu xuízo, "é un moi bo sitio para ter minutos, adquirir experiencia na categoría e crecer". Aínda que recoñeceu que a situación actual do club "non é fácil", mostrouse convencido de que entre todos poderán conseguir o obxectivo. "Estou aquí para axudar no que me pidan", dixo, desexoso de adaptarse "canto antes".

Seoane, que recentemente cumpriu 23 anos, formouse no Real Madrid e chegou ao Huesca o pasado verán. Tras disputar seis encontros, catro de Liga (32 minutos) e dous de Copa (180 minutos), o centrocampista incorpórase cedido á entidade branquivermella. VÍDEO: XESÚS PONTE