Deporte Local Lugo

Diego Vallejo: "Quizais algún ano poida correr con Sergio; sería bonito"

Diego Vallejo prepárase para a súa participación no Rally Dakar. "O primeiro dakar que fixen foi un soño e pensar que xa vai ser o cuarto é algo increíble. Afróntoo con moitas ganas e moita ilusión", asegura o copiloto meirense, que espera mellorar o posto no que quedaron o ano pasado.

"Volvo con Óscar Fuertes e co mesmo equipo, con SangYong. Eso vainos dar tranquilidade. O ano pasado logramos rematar a carreira e moi ben clasificados. Penso que este ano, coa experiencia que temos, ímolo facer mellor", apunta. Vallejo lembra a súa infancia na serra de Meira.

"Cando era pequeno xogaba coa bicicleta e facía que corría no rally dakar. Daste conta de que ás veces os soños fanse realidade se loitas por eles", defende. O copiloto de rally prefire non falar do futuro.

"Estou centrado na participación deste ano. Procuro ir paso a paso. O que me gustaría é lograr facelo con Sergio (Vallejo) ao lado. Sei que é difícil pero quizáis algún ano poidamos estar os dous xuntos. Mentras tanto eu vou collendo experiencia. Para a familia sería algo increíble. Algo realmente bonito".

Comentarios