lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

Cultura

Inaugurada no MIHL a exposición 'Galiza a golpe de click'

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada do tenente-alcade, Rubén Arroxo, inauguraron no MIHL a exposición 'Galiza a golpe de click', organizada por AESCLICK e a concellería de Cultura do Concello de Lugo. Maite Ferreiro afirmou que “é unha maneira espectacular e divertida de achegarse á historia de Galiza, unha actividade lúdica e formativa para toda a familia”

A exposición poderá visitarse até mediados de setembro. No MIHL realizaranse obradoiros arredor da temática da exposición, e todas as persoas que a visiten poderán escoitar unha audioguía escaneando o código QR habilitado en cada zona.

Galiza a golpe de click consta de cinco dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se atopan representados distintos momentos da historia da Galiza como o xurásico e o paleolítico, a cultura castrexa, a Galiza Romana e unha representación de Galiza no ano 1.000.

VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ