coronavirus

O persoal de Microbioloxía do Hula recorda que "xuntos venceremos"

O persoal do laboratorio de Microbioloxía do Hula lanzou unha mensaxe de forza contra a crisis do coronavirus a través dun vídeo formado con fotos dos propios sanitarios.

Ademais das imaxes, o vídeo está acompañado pola canción Xuntos, de Juan Pardo, e un texto de ánimo: "Nestes tempos nos que estamos a vivir un pesadelo con medo a non volver á vida que tanto botamos en falta, o que si temos claro é que o noso traballo achéganos un pouco máis á normalidade porque xuntos e xuntas venceremos".

Comentarios