coronavirus

Láncara cancela a Feira da Tenreira Galega

O Concello de Láncara cancelou a XXII Feira da Tenreira Galega da Pobra de San Xiao polo estado de alarma derivado da crise do coronavirus.

A edición deste ano, que sería a primeira celebrada despois de ser declarada Festa de Interese Turístico, estaba prevista para o próximo venres.

Con motivo de exaltar un dos produtos estrela da gastronomía galega, cada primeiro de maio danse cita miles de persoas na festa.

Desde o Concello, invítase a veciños e visitantes a esperar ao próximo ano para "celebrar todos xuntos o disntinguido distintivo que recentemente convertiu a feira en Festa de Interese Turístico galego".

Comentarios