A Montaña

Unha cámara nunha árbore de Baralla capta durante un ano o día a día da fauna local

Fototrampeo ven de publicar un vídeo composto polo material gravado –por un dos seus equipos– desde unha árbore do concello lucense de Baralla, ao val do Neira, durante os 365 días do ano 2019. O resultado é abraiante. Por diante da lente desfila a fauna máis representativa dos nosos bosques, como o xabarín, o corzo, o raposo ou a marta. Ademais, nestes animais pódese apreciar a muda da súa pelaxe e mesmo o desenvolvemento da corna dun corzo.

Comentarios