A Mariña

Sesenta ribadenses conmemoran cantando a Revolución dos Caravéis

Un grupo de sesenta ribadenses xuntáronse a través de Whatsapp para gravar a canción Grándola Vila Moreno de José Zeca Afonso que foi a que marcou o arranque da revolta cidadá ao ser emitida por radio.

Neste caso, cada ribadense canta un anaco da canción que posteriormente xuntaron para darlle continuidade, sempre, explican, "coas normas de quedar cada un na súa casa".

Foi unha iniciativa voluntaria e a petición dos propios protagonistas do vídeo.

Comentarios