A Mariña

Protestas simultáneas en Viveiro e Xove dos traballadores de Alcoa

O plantel de Alcoa continúa este sábado coas súas protestas. Este sábado houbo concentracións simultáneas ás dez da mañá nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro e despois, integrantes do comité quedaron pechados nos consistorios, onde prevén permanecer 24 horas. Esixen o máximo esforzo das administracións para obrigar a Alcoa a vender a fábrica, xa que o prazo remata este domingo (incluido).

Este domingo, ás 11.00 horas, promoven unha manifestación en Xove desde a estación de Feve onde se cargan as placas de aluminio que saen da fábrica ata a Praza do Concello

Por outra parte, Alcoa tiña convocada para o luns en Madrid a reunión na que se retoma a negociación do Ere, no caso de que este domingo non se producira a venta. Os sindicatos criticaban que lles fixeran ir ata Madrid e agora avisan de que os citaron en Nigrán, no Pazo de Cea, ás 12 horas.


VÍDEO: J.Mª ÁLVEZ

Comentarios