A Mariña

Mil formas de saborear o ourizo en San Cibrao

O consumo de ourizos de mar é unha tradición moi asentada en San Cibrao, que este sábado acolle precisamente a festa adicada a este produto. Veciños e visitantes puideron probar e ver en directo diferentes elaboracións do ourizo.

As degustacións gratuítas na carpa elaboráronas os cociñeiros profesionais Manicha Bermúdez, do restaurante Rotilio (Sanxenxo), Jorge Gago, da Maceta (Santiago), Miquel Roquiño, da do Borlo (Caldas de Reis) e Toñi Vicente, que recolle nun libro a súa vasta experiencia culinaria. A estas especialidades sumouse a venda de ourizo cocido na carpa, preparado pola asociación local Mistura e as diversas receitas preparadas polos establecementos de hostalaría de San Cibrao.

É a vixésimo oitava festa, que innovou este ano con sesión vermú, á que seguirá de noite verbena coas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Cinco grupos musicais animan a festa polas rúas, cheas de xente grazas ao magnífico día.

O Hostal Buenavista fíxose co primeiro e segundo premio no concurso convocado para a hostalaría local; o terceiro foi para café bar O Faro.

VÍDEO: J.Mª ÁLVEZ

Comentarios