A Chaira

Veciños da Pastoriza protagonizan un corto contra a violencia machista

Catorce veciñas e veciños da Pastoriza protagonizan un corto contra a violencia machista. "Sen ser profesionaís son capaces de transmitir gran sentimento ante unha das grandes lacras deste país", apunta a edil Elva Carrera, que agradeceu a súa colaboración. O vídeo, que xa acumula máis de 3.600 visualizacións en Youtube, mesmo foi empregado pola Garda Civil para dar unha charla nun colexio da Montaña.

Comentarios