A Chaira

O traxe festivo tradicional xa loce en Vilalba

Vilalba acolle desde este luns a mostra O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo, que estuda, recupera e reproduce prendas olvidadas que vestían as mulleres da provincia a finais do século XIX. A exposición, que permanecerá ata o día 17 na casa da cultura da capital chairega, está organizada polo Grupo El Progreso e é un proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo, en colaboración con Traxandaina e o Concello de Vilalba. A mostra, co apoio da Xunta, pódese visitar, de balde, pola mañá (de 10.30 a 13.30 horas) e pola tarde (de 17.30 a 20.00).

VÍDEO: CRISTINA PÉREZ
 

Comentarios