A Chaira

Os traballadores mobilízanse contra a "descapitalización" de Endesa

Os traballadores de Endesa en As Pontes mobilizáronse este venes diante da térmica, nunha folga que se está a realizar en todos os centros de traballo da compañía enerxética. A protesta está convocada contra as propostas da dirección na negocación do convenio marco. Os sindicatos acusan á empresa de levar a cabo "una estratexia de desmantelamento e descapitalización" de Endesa e lamentan a súa "negativa" á prórroga do acordo de garantías e o mantemento da ultraactividade, entre outras cuestións. VÍDEO: Marta Mancebo

Comentarios