A Chaira

Regresan a Vilaba tras cumprir o reto dos 450 quilómetros solidarios en bicicleta

Sete ciclistas da Agrupación Polideportiva San Ramón, que completaron o reto de facer 450 quilómetros polo Camiño de Santiago en 42 horas, chegaron este domingo a Praza da Constitución de Vilalba. Saíron o venres deste mesmo punto ás 19.00 horas e pasaron por Santiago de Compostela, Muxía e Fisterra, antes de emprender a volta ata a capital chairega. O obxectivo é recadar 450 quilos de comida para entregar á Cruz Roja.

VÍDEO: Silvia Iglesia

Comentarios