A Chaira

Unha visita cargada de morriña á abandonada discoteca Troco

O youtuber e tiktoker Urbex Mieres Asturias acaba de compartir un vídeo nas súas redes sociais no que realiza unha visita discoteca Troco e ao Hotel Villamartín. As imaxes mostran como o que un día foi un espazo cheo de vida, alegría ou festa, agora é un lugar completamente abandonado. 

O histórico hotel Villamartín pechou en 2015 tras máis de 30 anos de actividade a Troco só abriu desde aquela en contadas ocasións.

Os comentarios do vídeo cargáronse de morriña a través dos testemuños das persoas que durante a súa mocidade gozaron das famosas festas na Troco. "Os mellores anos da miña vida", "danme ganas de chorar, recordo cada fin de semana aí" ou "era impresionante", son algúns dos comentarios en redes.

Comentarios