A Chaira

Concentración para esixir a suspensión do Erte no GES de Guitiriz

Traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Guitiriz concentráronse este mércores diante do Concello convocados pola CIG para reclamar a suspensión da execución do Erte e que volvan contratar os traballadores do GES. "Desde o servizo Estatal de Emprego o consideran manifestamente nulo", advirte a central nacionalista, que denuncia que a situación provoca que os afectados fiquen co contrato suspendido e sen poder cobrar o desemprego. "Desde a CIG entendemos que o Concello, que é o responsable desta situación, debe de suspender a execución do Erte e dar de alta a todos os traballadores/as afectados a todos os efectos desde a data de inicio do Erte". VÍDEO: CRISTINA PÉREZ

Comentarios