sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

Os rumbos do monte

Á ESPERA de veren a luz esas escuras tramas incendiarias ou de que o novo Plan Forestal sexa algún día un documento bendecido por ampla maioría, non debemos agardar grandes novidades na xestión do monte. Se acaso, me dicía un paisano, ‘imos acabar pagando o pato os mesmos’, referíndose a que, a falta de delincuentes no caldeiro, a Administración vai apretar un pouco máis aos de sempre para que limpen e separen as árbores das casas e camiños. De seguro que facer respectar as normas sobre faixas de protección non é mala cousa porque moito propietario toma o asunto a bravo en veigas e ribeiras pero o único cambio que percibín recentemente foi máis ben político. Este campo vai rexirse cada vez máis dende o lado da Consellería de Industria e, probablemente, a Medio Rural lle quede apeitar cos lumes, as pragas e as medidas que atopan máis rexeitamento social.¿Vai haber máis cartos para prevención e menos en extinción? Está por ver. Quedo coa nova desa iniciativa para que volvan os resineiros á Mariña (un tema antigo, dos anos 50, en Galicia), que tamén está por ver. A gran escala, deberían volver os piñeiros ao monte, en vez de poñer eucaliptos.

Os rumbos do monte
comentarios