Opinión

Xentrificación no barrio chino

SOA A centrifugación da xente, deixala enxoita, e podería ser, porque na maioría dos procesos de xentrificación desprázase aos tradicionais residentes das zonas degradadas das cidades porque non poden afrontar o incremento do custe habitacional logo da recuperación. Non ocorre o mesmo no barrio da Tinería de Lugo, pois aquí o número de residentes é mínimo, se acaso unha presa deles, e algúns máis, poucos, chegados polo alugueiro barato no proceso de rehabilitación emprendido hai xa anos polo IGVS que aínda non conseguiu facer un lugar atractivo para vivir. Por iso aquí é máis doado un cambio integral, incluído o derribo de casas que nada aportan patrimonialmente e que permitirían unha apertura de horizonte para gañar en encanto un sitio que de por si xa o ten. A erradicación da prostitución sería outro avance. Pero todo vai lento, e mentres vólvense degradar casas reparadas.
 

Comentarios