Opinión

Vive logo de 43 anos morto

DURANTE O MES que nos acaba de deixar o principal debate foi sobre un personaxe que debería estar superado, pero aínda mantén a súa pegada logo de case 43 anos do pasamento. Quizais porque a Transición non foi tan idílica como se pinta, porque senón non andariamos a estas alturas remexendo. Catro décadas despois aínda queda unha manchea de franquistas, algúns incluso nacidos cando xa morrera o ditador. E onde o colectivo parece máis numeroso é no Exército, vista a carta de defensa pechada do sátrapa asinada por centos de militares, que a bo seguro serían moitos máis se llo permitiran ao estar en activo. E algúns partidos políticos tamén amosan inclinacións ao non apoiar a retirada dos restos do tirano do mausoleo no que aínda é reverenciado. Como dicía Pascal, o corazón ten razóns que a razón non entende, porque agora o PP tiña unha boa oportunidade para eliminar dúbidas.
 

Comentarios