Opinión

Vítimas da negada violencia de xénero

Como se o intento de invisibilizar a violencia de xénero borrara a existencia de crimes machistas. Se se nega non ocorre, formula a ultradereita, á que se suman voces non tan extremistas noutros campos pero si no seu antifeminismo; pero as falecidas a mans das súas parellas ou ex son unha evidencia do contrario, máis de 1.150 en España en menos de vinte anos, desde que comezou a conta oficial en 2003. E se se admiten os asasinatos, acompáñase doutra falacia, que a maioría cométenos estranxeiros, cando as estatísticas reflicten que dúas terceiras partes teñen como responsable un español, un dos últimos o nobre (non por honroso, senón só por título) que acabou coa vida da súa muller cando esta tiña as maletas preparadas para abandonalo, un conde de casa engalanada con simboloxía fascista (esvásticas, bandeiras do antigo réxime) con querenza ás armas ao xeito estadounidense que seguro negaba a violencia de xénero que practicou.

Comentarios