Opinión

Uniformismo idiomático, iso se busca

SE PROSPERA a proposición, un galego pode chegar á Xunta e non ser entendido no seu idioma polo funcionario que o atenda. Esta queixa, logo de que Ciudadanos presentara unha iniciativa para que non sexa obrigado coñecer unha lingua cooficial para acceder á Administración autonómica, vén tras outra concreta do mesmo usuario: hai uns días tivo que pasar por tres servizos, Recadación da Deputación, Sanidade da Xunta e Atención ao Paciente do Hula, e en ningún lle falaron en galego, cando debería ser norma que se respostase no idioma do usuario. Aquí non, para satisfacción de Cs na súa defensa da homoxeneidade cultural e do uniformismo recentralizador. Arremete contra as linguas distintas á castelá e vólvese alxaba do estandarte nacionalista español. Así na guerra de bandeiras non admite que alguén a exhiba máis grande, e contra os idiomas periféricos ninguén lle tuse.

Comentarios