Opinión

Ulitidade dunha oposición radical

OS GOBERNOS son empurrados cara a radicalidade. Tanto o de España como o de Cataluña. Sofren presións para que se produza un choque aínda maior. Torra é vítima dos ataques dos CDR, os comités pola república que reivindican a súa implementación. Estes grupos reclaman a dimisión do presidente por non tensar a relación co Estado. E Sánchez é a diana de PP e Ciudadanos, que na súa tendencia en extremar a súa posición en Cataluña para atraer votos do resto de España requiren non só a aplicación de novo do artigo 155 da Constitución para xestionar a Generalitat desde Madrid senón que xa chegan (Casado) a suxerir a ilegalización do PDeCAT e de ERC. A chegada do novo inquilino á Moncloa antes do verán permitiu unha leve aproximación entre as institucións (traslado dos políticos presos, acordo para saldar unha débeda de 7.600 millóns en catro anos), pero a oposición non quere conciliacións, senón enfrontamento. Élle máis útil.

Comentarios