Opinión

Tres días sen noticias

REINO UNIDO é tremendamente hermético cando de terrorismo se trata. As autoridades son reacias a facilitar datos sobre os ataques, por moito que a cidadanía queira saber. As identidades dos extremistas que o sábado pola noite atropelaron e acoitelaron indiscriminadamente foron coñecidas a contapingas. E o que é peor, apenas se daban reseñas sobre os inocentes agredidos, algún deles convertido en vítima por intentar evitar a morte doutras persoas, como ocorreu co español que viviu de neno nas Pontes. Pasados tres días, a familia non sabía se estaba nunha morgue ou nun hospital porque ningunha autoridade británica competente llo comunicara. Cando en Madrid hai 13 anos os brutais atentados acabaran coa vida de máis de 200 persoas a política informativa do Goberno fora moi cuestinada, sobre todo por intentar enganar. Aquí o secretismo parece convertido en indolencia ou ineptitude.

Comentarios