Opinión

Transformación e nostalxia

Corenta an os hai do peche da Transición, algo en falso polo que se comprobou máis tarde e por iso de cando en vez aínda recrúa, pero o primeiro triunfo socialista fíxase como remate dun período iniciado sete anos antes coa morte de Franco. Cumpríronse catro décadas da vitoria do PSOE por unha maioría aplastante nunca superada (202 de 350 deputados) logo do colapso de UCD e un PP aínda incipiente previo á refundación desde AP. Recoñece Felipe González que daquela foron millóns os españois que depositaron a confianza nel a pesar de non ser próximos ao partido, porque demostrado está que as eleccións non se gañan só cos fieis. E o presidente do Goberno ata agora máis duradeiro baseou desde aquela a súa estratexia para o cambio en democracia, modernidade e Europa logo dunha ditadura tradicionalista e illada do mundo. Unha transformación profunda que ás veces involuciona da man de sectores rancios nostálxicos da época anterior.

Comentarios