Opinión

Todo está mal, dá igual o que se faga

Dos creadores de como imos usar a bicicleta se non hai carrís para ela chega agora para que se deseñan carrís específicos se non utilizamos este tipo de vehículo. Esta expresión que circula polas redes sociais lucenses reflicte a disconformidade dunha parte da cidadanía con todas as decisións, incluso coas que non se toman. Non é estraña a cidade na que se critica tanto o que se executa como a inacción. As obras son molestas e os cambios perturban, por iso non sempre son ben recibidos. Carril bici, reestruturación do bus, peonalización da Mosqueira, Impulso Verde, pasarela sobre a N-VI e outros proxectos apláudenos uns e critícanos outros, porque a unanimidade é imposible, e a principal reacción dos censores é que os recursos se deberían destinar a outros fins, que posiblemente tamén rexeitarían se así se aprobara, porque para unha parte dos veciños calquera cousa que se faga estará mal, por convencemento ou por posición política.

Comentarios