Opinión

Revirados a pesar da caducidade

A CONSTITUCIÓN, elaborada coa mellor vontade para favorecer a convivencia, está ateigada de eivas, de raíz ou ben por non chegar a desenvolverse postulados que os perfeccionaran. Viuse non hai moito nos bloqueos parlamentarios que non permitían a elección dun presidente de Goberno, e agora ocorre o mesmo coa renovación do Poder Xudicial. Case dous anos levan superado o tempo para o que foron disignados os xuíces que forman o CGPJ, e aínda así foron quen de nomear a finais de 2019 46 cargos próximos ao presidente e ao partido que cando se formou era maioritario no Parlamento, e desta volta pretenden renovar outros postos, por moito que o seu mandato estea caducado. Pero non só obvian esta transitoriedade, senón que incluso se permiten desafiar ao Goberno cunha oposición política impropia, e ata nin se recatan en utilizar o Rei, favorecendo así un efecto búmerang contra o propio poder xudicial e arrastrando consigo a monarquía.