Opinión

Reubicación na dereita

O crecemento de Vox está obrigando a unha reestruturación da dereita que ata a foto de Colón parecía irse estabilizando. Pero logo das eleccións xerais que levaron a Ciudadanos á insignificancia e defenestraron a Albert Rivera vólvese buscar acomodo. E niso están. Os laranxas, por subsistir desde o centro inexistente cara as dúas beiras. Os verdes non necesitan moverse para arrebatar espazo ao partido matriz. E os azuis escorándose, porque a pesar da captación de dirixentes e destacados militantes nunha especie de opa hostil a Cs non significa aproximación ao espazo lateral que deixan os socialistas, máis ben o contrario, para non desperdiciar a estrema dereita que ata a época de Rajoy tiñan integrada e agora sófrena. Na moción de censura fallida de Vox parecía virar o PP para rachar ataduras, pero non, volve á cercanía. E nesta reubicación deixa groso espazo onde se gañan as eleccións, ao mellor non as da Comunidade de Madrid, pero si as xerais.

Comentarios